lunes, 11 de enero de 2016

Temos moito conto! O Rato Pérez e os Contos de Calleja, agora na Biblioteca de Chapela


Na Biblioteca de Chapela continuamos coa mostra bibliográfica "Temos moito conto".

Ata o 29 de Xaneiro poderedes ver as exposicións sobre o Rato Pérez e mais sobre os 
Contos de Calleja na sala de adultos.
 

Finaliza así unha mostra na que vos achegamos libros de Alicia no País das Marabillas, así como Contos de Calleja ou do Rato Pérez, coincidindo co centenario do pasamento dos autores respectivos destes últimos e mais co 150 aniversario da publicación do libro de Lewis Carroll.

As mostras puderon verse nas bibliotecas de Redondela e mais de Chapela dende o pasado mes de Novembro. Podedes ver aquí algunhas imaxes das mesmas.

No hay comentarios: