miércoles, 24 de febrero de 2016

Contando con Rosalía...unha achega a Rosalía a través de contos e historias, da man de Marisa Irimia

Contando con Rosalía

Hoxe celébrase o 179 aniversario do nacemento de Rosalía de Castro. Con tal motivo, o pasado venres festexamos na Biblioteca de Chapela un contacontos



Da man da contadora Marisa Irimia, vella amiga das nosas bibliotecas, percorrimos algúns contos ambientados nos tempos antigos, e nos achegamos ás poesías máis saborosas e festivas da nosa poeta máis internacional.




   
Nun divertido contacontos, onde todo podía pasar, coñecimos a magos, vellos trobadores, homes dos camiños... e ata a Rosalía de moza, que nos achegaron moitas moitas historias divertidas.
Contando con Rosalía, con Marisa Irimia

Radio Redondela achegouse a esta actividade, e tamén recolleu algúns dos momentos máis interesantes do contacontos para homenaxear á escritora dende as ondas.

Graciñas a todos por vir e por pasalo tan ben connosco. 
Ata a próxima contada!

No hay comentarios: