jueves, 25 de febrero de 2016

Visita á biblioteca de Chapela dos alumnos de Infantil do CEIP Laredo

Esta mañá a Biblioteca de Chapela vestiu as súas mellores galas para recibir de novo ao alumnado do CEIP Laredo de Chapela

Visita do CEIP Laredo á Biblioteca de Chapela (2)

Se a pasada semana nos visitaron os maiores do cole, nesta ocasión se nos achegou o grupo de Infantil (3, 4 e 5 anos). Un total de 32 cativos dispostos a escoitar contos, a ler os libros e a participar en todo. 
Visita do CEIP Laredo, alumnos de Infantil
Escoitando o conto, moi participativos


Como a temática das visitas seguía a ser o amor, desta vez lles contamos o conto de "A voda dos ratos" (OQO), e lles convidamos a facer cadansúa careta de rato namorado.
Visita do CEIP Laredo, alumnos de Infantil
Preparando a súa careta de ratos namorados
Os rapaces puderon gozar dun bo anaco final de lectura, gozando con todas as nosas propostas de amor, cariño e amizade a través dos contos da biblioteca.

Finalmente, nos despediron levando cadansúa careta e mais un pequeno agasallo das bibliotecas municipais. Mais antes de partir, fixeron todos unha fotografía co Emperador dos ratos.

Graciñas, amigos, por vir!

Visita do CEIP Laredo, alumnos de Infantil
O Emperador dos ratos, acompañado por todo o seu séquito ratonil, nos despide ata a vindeira visita.
Publicar un comentario