domingo, 21 de febrero de 2016

Fernández Paz, as sereas e a literatura galega no club infantil de lectura

Nesta semana xuntámonos no club de lectura para comentar "A serea da illa negra", de Agustín Fernández Paz.
Se trata dunha lectura que nos achega ao misterio, e un pouco ao terror, composta de dúas narracións nas que as sereas, os mitos, os espazos misteriosos e o medo son os protagonistas. Tamén dúas historias protagonizadas por rapazas valentes e afoutas, como as nosas participantes do club de lectura!


Con estas lecturas nos achegamos ao mundo das sereas, dos contos mariñeiros e á literatura tradicional de Galicia, ademáis de coñecer a figura do prolífico escritor Agustín Fernández Paz.


E con polbos, buguinas, cartas de mar e catalexos nos mesturamos nos mundos da fantasía e da creatividade literaria.

Ademáis, saudamos hoxe a unha nova compoñente do club, que sabemos que o pasou moi ben, e que repetirá. Estamos de noraboa... e só che dicimos: Benvida Michele!

Publicar un comentario