viernes, 19 de febrero de 2016

O CEIP Laredo visita unha biblioteca de Chapela "moi amorosa" (Primeira das visitas)

O CEIP Laredo de Chapela achégase á biblioteca municipal da localidade.
Visita do CEIP Laredo á Biblioteca de Chapela (1)

A proposta da propia biblioteca do centro, neste ano plantexamos facer unha serie de visitas escolares para todo o alumnado, que se achegarán, por grupos, nas sucesivas semanas ás instalacións do Piñeiral do Crego.

Dende a biblioteca nos plantexamos centrar as visitas nunha mesma temática, e como estabamos en Febreiro, moi preto do San Valentín: o AMOR e a AMIZADE, os sentimentos e as emocións serán o tema que focalizará todas e cada unha destas visitas.

Visita do CEIP Laredo á Biblioteca de Chapela, 1
Nesta primeira ocasión, recibimos "aos maiores", esto é, o alumnado de 5º e 6º do centro.
Lles falamos dos servizos das bibliotecas públicas, e como se poden achegar a eles, e despois fixémoslles algunhas recomendacións lectoras, relacionadas coa temática, para propoñerlles despois facer un traballo creativo en equipos, que reflexaría o amor, o cariño e a amizade.


Visita do CEIP Laredo á Biblioteca de Chapela, 1
Moitos corazóns, cariño, lecturas amorosas, piruletas e música con corazón, nunha mañá moi intensa e divertida con estes rapaces.

Agradecemos aos alumnos e ás súas profesoras o terse achegado á biblioteca.
Agradecemos tamén a Mercedes, da Asociación de Amigos das Bibliotecas de Redondela, o terse achegado como voluntaria para axudar na actividade.
Publicar un comentario