martes, 22 de marzo de 2016

Contos para bebés na Biblioteca de Chapela


Na biblioteca de Chapela imos festexar o Día do Libro Infantil e Xuvenil cun contacontos dirixido aos máis cativos e cativas da contorna.

Será o VERNES 8 DE ABRIL, ÁS 18:00 H.

Os contadores Pavís Pavós estarán con nós para achegarlles contos a nenos e nenas de 0 a 3 anos, que poderán vir acompañados coas súas familias.

A actividade é gratuíta, pero é preciso inscribirse previamente na biblioteca.
Poderedes facelo presencialmente ou:
- Por teléfono, no 986-454-226
- Por correo electrónico: bibliotecachapela@redondela.es 
 


O contacontos realízase grazas ao apoio do programa Ler conta moito, da Rede de Bibliotecas de Galicia.


No hay comentarios: