lunes, 21 de marzo de 2016

Cuba e República Dominicana no club de lectura de marzo


 O escritor cubano Leonardo Padura e a súa novela "El hombre que amaba a los perros" foron as recomendacións literarias que nos achegou ao club de lectura a nosa compañeira Isabel.
Unha fascinante indagación histórica, en forma de novela, sobre un dos asasiños máis coñecidos da Historia: Ramón Mercader, asasino de Leon Trotski.


E despois da súa interesante recomendación, debatemos sobre o libro deste mes: "En el tiempo de las mariposas", da dominicana Julia Álvarez. Unha recreación histórica da traxectoria vital e mais do asasinato das irmás Mirabal, víctimas da dictadura de Trujillo.
Unha historia baseada en feitos reais, que nos fala sobre a liberdade, a valentía e a loita pola defensa dos dereitos humanos. O asasinato das irmás Mirabal, o 25 de Novembro de 1960 se converteu nunha data símbolo da República Dominicana, e décadas despois, foi adoptado polas Nacións Unidas como o Día Internacional pola eliminación da violencia contra a muller.

O club de lectura de Redondela debaterá sobre este mesmo libro no vindeiro mes de Abril.

No hay comentarios: