As bibliotecas municipais de Redondela conmemoran  ao longo da próxima  semana o Día Internacional do Libro. 
 Ademais das actividades programadas, entre as que   se inclúen  contacontos e  a elección dos mellores lectores do ano, as bibliotecas regalarán  a cada persoa que faga uso do servizo de préstamo un exemplar do libro "Cuando Nepal tembló"
 que recolle o testemuño de varios sobreviventes do terremoto que 
arrasou ese país e que contou coa colaboración do concello de Redondela 
na súa edición. Así mesmo e dentro da campaña de fomento da lectura 
desenvolvida coa Fundación Filomena Rivero Alonso,   distribuiranse marcapáxinas conmemorativos do IV Centenario da morte de Cervantes e Shakespeare.
 



No hay comentarios:
Publicar un comentario