viernes, 15 de abril de 2016

O club infantil de lectura celebra o mes do libro en Radio Redondela

As nosas participantes no club infantil de lectura de Chapela veñen de vivir por primeira vez a maxia da radio. 
Con motivo do mes do libro, e festexando o 11º aniversario da Biblioteca de Chapela as nosas xóvenes lectoras se achegaron aos estudos de Radio Redondela para gravar un programa. Leo, a coordinadora do club, acompañounas e conduciu esta divertida conversa sobre libros, lecturas, maxia e amizade.

Podedes vela nos seguintes vídeos:


PARTE
 
E podedes ver algunhas fotografías. A pesar do mal tempo, as rapazas viaxaron encantadas no automóbil de Leo.


Xa no estudo, preparáronse con cadanseus auriculares para escoitar o programa:
 
E prepararon os micros para falar:
Hai que ter coidado non facer ruído cando a luz vermella está acendida:
Ao salir, houbo doces e lambetadas:













Ademáis esta semana tiveron a súa xuntanza, e nela comentaron o libro "Tres trebellos máxicos" e xogaron a crear os seus propios xoguetes máxicos.
Entre trucos de maxia e xogos, comentaron este libro, formado por tres historias de tres autores diferentes. Nelas, os aparellos tecnolóxicos: unha máquina de viaxar no tempo, un robot e unha aspiradora, son protagonistas de aventuras e circunstancias moi diversas.


Grazas por participar coa biblioteca nas dúas actividades. Sabemos que gozades moito do club e agardamos seguir gozando con vós.

A vindeira xuntanza será o Mércores 11 de Maio, en que leremos "O dragón novo", de Elisabeth Heck

E se vós, rapaces e rapazas de 7 a 12 anos, queredes achegarvos ao club ou curiosear como é, podedes asistir a esta xuntanza, na que o pasaredes moi ben. 
  
O Atlántico Diario:recolle esta pequena aventura das nosas rapazas na súa edición do Martes 19 de Abril.


No hay comentarios: