viernes, 22 de abril de 2016

As bibliotecas de Redondela entregan os premios aos mellores lectores do ano 2015

As bibliotecas de Redondela acolleron ao longo desta semana a entrega dos premios "Mellores Lectores do Ano".
 Este galardón distingue aos socios das mesmas, tanto infantís como adultos, que demostraron ser os usuarios máis activos no servizo de préstamo do ano 2015.
Os premiados deste ano foron:

No apartado infantil e xuvenil   
 Alba Sobreira (Axencia de Lectura Municipal de Chapela)
  Manuel Camino (Biblioteca Municipal de Redondela)
Na categoría adultos: 
Mª Isabel Davila (Axencia de Lectura Municipal de Chapela)
 Arximiro Soliño (Biblioteca Municipal de Redondela)

Estes premios entréganse anualmente nas datas próximas ao Día Internacional do Libro.
Publicar un comentario