sábado, 23 de abril de 2016

Cervantes, o Quixote e o 400 aniversario


Imaxe do marcapáxinas conmemorativo distribuido polas Bibliotecas de Redondela
en colaboración coa Fundación Filomena Rivero nestes días
Como ben sabedes, hoxe, 23 de Abril de 2016, conmemórase o 400 aniversario do pasamento de M. de Cervantes, e tamén de W. Shakespeare.

Nestes últimos 11 anos as efemérides de grande relevancia sobre o clásico máis importante das letras españolas se veñen sucedendo, pois en 2005 conmemorouse o IV centenario da publicación da 1ª parte do Quixote, e en 2015, á súa vez, o 4º centenario da publicación da segunda.
Exposición de figuras en homenaxe a Don Quixote,
coa colaboración da aula de Cerámica Pilar Rubio
Na Biblioteca de Chapela, Outubro 2005

É así, non podemo senón relembrar esta grande novela e recomendar, vivamente, a súa lecura.

Como homenaxe da nosa parte, e para festexar hoxe o Día do Libro, achegámosvos unha fotografía dunha das actividades que fixemos na biblioteca de Chapela na conmemoración do primeiro dos aniversarios cervantinos: unha exposición de esculturas, en colaboración coa aula de cerámica de Pilar Rubio Peixoto. Naqueles días tamén fixemos un concurso de debuxo entre os rapaces da contorna.
Este mural de cerámica, que está hoxe na sala infantil da biblioteca de Chapela
foi elaborado polos alumnos da aula de cerámica Pilar Rubio
Outubro 2015
En 2015, hai un ano, e en colaboración coa Radio Municipal e mais coa Asociación de Amigos das Bibliotecas Municipais de Redondela, convidamos a todos os veciños do noso concello a ler fragmentos da segunda parte do Quixote na radio.

Todo un luxo poder achegarnos á obra de Cervantes.

 Cada cual, Sancho, es hijo de sus obras


http://bibliotecasredondela.blogspot.com.es/2015/04/sesion-continua.html


No hay comentarios: