viernes, 8 de abril de 2016

Contacontos "O Poeta do Miño": a Biblioteca de Chapela trae a Manuel María na Semana do Libro


As bibliotecas de Redondela queremos festexar o día do libro coas actividades máis interesantes e atractivas para o público familiar.

O mércores 20 de Abril, ás 18:30 h. teremos na Biblioteca de Chapela un contacontos cos nosos amigos de Polo correo do vento.

Con eles homenaxearemos ao poeta Manuel María, protagonista das Letras Galegas deste 2016, cun contacontos-obradoiro chamado "O Poeta do Miño".

 Coñeceremos a Manuel María ao tempo que nos divertiremos, debuxaremos e gozaremos dos contos.

 A actividade está indicada para rapazada a partir de 3 anos e público familiar e non precisa inscrición previa. A entrada é libre ata completar o aforo da sala.


O contacontos realízase grazas ao apoio do programa Ler conta moito, da Rede de Bibliotecas de Galicia.

No hay comentarios: