viernes, 8 de abril de 2016

Contos para bebés, gozando en Chapela con Pavís Pavós


O grupo Pavís Pavós achegounos esta tarde na Biblioteca de Chapela unha xenial xornada de contos e xogos. 



A cativada de 0 a 3 anos gozou de contos, rimas, sons, arrolos, cantos e ladaíñas recuperadas da tradición oral para achegarllas aos cativos e tamén aos seus pais e nais.




A actividade tivo lugar grazas ao apoio do programa Ler conta moito, da Rede de Bibliotecas de Galicia.
Publicar un comentario