miércoles, 6 de abril de 2016

Erase un elefante garboso que tivo un encontro cuns amigos moi rumbosos

O libro ilustrado, imaxes que contan: Jean de Brunhoff e Babar
Podedes acceder aquí a todas as fotografías
No día de hoxe tivemos tres grandes feitos: a visita dos nosos fieis amigos da Escola Infantil Carrusel, o arranque da segunda mostra bibliográfica dentro da Exposición "O libro ilustrado: imaxes que contan" dedicada a  Jean de Brunhoff o creador do elefante Babar e un divertido contacontos homenaxeando ao mesmo da man da nosa compañeira María José Villar.


Antes da visita á biblioteca e á mostra bibliográfica, os nenos traballaron coas súas profesoras o album de "La historia de Babar" posto a disposición de todos os centros que o desexen  pola Fundación Filomena Rivero Alonso que organiza xunto coas Bibliotecas de Redondela a exposición. Os pequenos alumnos tomaron gran agarimo por Babar  o que demostraron coas chapas que  luciron neste día, feitas por eles a as súas profesoras.




Publicar un comentario