martes, 5 de abril de 2016

Última das visitas do alumnado do CEIP Laredo á biblioteca de Chapela

Visita do CEIP Laredo á Biblioteca de Chapela (4), alumnos de 1º e 2º
A pasada semana tamén nos visitaron á Biblioteca de Chapela os alumnos e alumnas de 1º e mais de 2º do CEIP Laredo.


E con moito amor os recibimos, e do amor, a amizade e os sentimentos positivos falamos e contamos contos:

- El león que no sabía escribir.
- O soldadiño de chumbo.
Visita de 1º e 2º do Ceip Laredo á Biblioteca de Chapela
O corazón de Chumbo do soldadiño e mais a bailarina
E eles tamén nos responderon coa mesma tenrura, adicándonos os seus corazóns a aquelas cousas que máis amaban da biblioteca.
Visita de 1º e 2º do CEIP Laredo á Biblioteca de Chapela
Corazóns co que máis amamos das bibliotecas

Grazas pola visita, rapaces e rapazas... foi un pracer contar con vós!

No hay comentarios: