No día de onte, Rosa e Carmen María da Asociación de Amigos das Bibliotecas Municipais de Redondela, participaron no acto que co gallo da celebración do Día do Libro a Concellería de Cultura de Redondela desenvolveu na Praza da Constitución.
Procedeuse a destapar un cubo didáctico con información relativa a propia conmemoración e ás figuras de Cervantes e Shakespeare.
Non deixedes de ler a entrada no blogue da Asociación, onde podedes atopar toda a información sobre o acto
Carmen María e Rosa len uns textos de Cervantes e Shakespeare |
Outro momento do acto cos concelleiros de Xuventude, Patrimonio, Cultura e Ensino |
O concelleiro de Cultura, Javier Alonso, descobre o cubo conmemorativo |
Por suposto, Leolo non podía faltar ao evento |
E velaquí unha achega ao evento, da man de Redondela TV.
No hay comentarios:
Publicar un comentario