O
Servizo
de Normalización Lingüística,
en colaboración con Radio Redondela
e mais con nós, as Bibliotecas
Municipais de Redondela,
organizamos a celebración do DÍA
DO LIBRO dedicada a Manuel María.
Co
gallo da celebración, o vindeiro 23 de abril, do DÍA DO LIBRO, e a
dedicación este ano do día das Letras Galegas 2016 ao escritor
chairego Manuel
María,
estes departamentos organizan unha celebración conxunta que
consistirá na lectura
e gravación de textos do autor homenaxeado en Radio Redondela, entre
o 12 e o 15 de abril (en horario de 13 a 14:30 h),
e
a posterior emisión na emisora municipal entre o 18 e o 22 de abril,
vésperas da celebración.
Tamén existe a posibilidade de que aquelas persoas que non poidan achegarse á Radio Municipal a facer as gravacións, ou aqueles centros educativos que xa teñan feito co seu alumnado agunha gravación, poidan envialas por correo electrónico en formado MP3 a radioredondela@hotmail.com para a súa posterior emisión.

A
emisora municipal ten á disposición das persoas que se acheguen
algúns exemplares de libros de Manuel María, que poderán
utilizar para a lectura e gravación.
A actividade responde a unha proposta da Fundación Manuel María: "Manuel María na túa voz", coa que se pretende espallar a lectura pública de textos de Manuel María para este día do libro.
A actividade responde a unha proposta da Fundación Manuel María: "Manuel María na túa voz", coa que se pretende espallar a lectura pública de textos de Manuel María para este día do libro.
O
SNL, Radio Redondela e as Bibliotecas Municipais animan a toda a
cidadanía a que participe nesta celebración poñendo voz propia á
palabra escrita do poeta da fala.
Como
dicía Manuel María en 1968 (Os soños na gaiola):
Galiza
somos nós:
a
xente e mais a fala.
Si
buscas a Galiza
en
ti tes que atopala!
Ademáis, a biblioteca de Chapela ofrecerá un contacontos adicado a Manuel María. Será o mércores 20, ás 18:30 h., cos contadores Polo correo do Vento.
No hay comentarios:
Publicar un comentario