viernes, 20 de mayo de 2016

Babar e amigos

O libro ilustrado, imaxes que contan. Colexio Vigo 

Na mañá de hoxe, recibimos en Redondela a visita dos nosos amigos do Colexio Vigo. A súa intención era coñecer as dependencias da biblioteca e tamén achegarse ao sorprendente mundo do elefante Babar. Este último gozárono a través da exposición das obras sobre o pequeno gran elefante, que previamente coñeceron na aula, e das maravillosas historias da vida de Babar,  narradas pola nosa compañeira María José. 

Por suposto, todo quedou recollido en divertidas fotografías (selfie incluído) e aderezado con doces agasallos  que trouxeron Babar e Celeste das súas viaxes en globo polo mundo.

Ata sempre amigos!

No hay comentarios: