martes, 24 de mayo de 2016

Entre "Clicks" e libros... (andanzas dos nosos clubs de lectura)



Que esconde o inocente sorriso dunha pequena figuriña? Que agochan as entrañas dunhas fantásticas sobremesas?
Será todo tan inocente como semella? Haberá un deliberado intento de diminuír o número de membros dos clubs de lectura para conseguir unha praza? 
O xesto de Jerónimo, o noso coordinador, de sortear un pack de praia dos famosos personaxes, esconderá un intento de desviar as sospeitas del mesmo?
Soamente hai un feito probado: que o pasamos divinamente, que o libro ("Sete Caveiras"), ainda que non convenceu a todos,  é un bo divertimento, que  David nos volveu facer unha interesante recomendación e que todos os membros do club son marabillosos e estupendos... ou NON? porque, QUEN SENÓN É O RESPONSABLE DE TANTOS CADÁVERES ESPAREXIDOS POLAS MESAS DA REUNIÓN????

Todo esto sucedeu nunha sinistra tarde de venres na Biblioteca de Redondela.
Mentres tanto, ou máis ben teremos que dicir, no último serán de luns, o club de Chapela debagaba a novela "O derradeiro libro de Emma Olsen", extraendo a súa rica complexidade e gorentando a súas coidadas e fondas palabras.


Os dous clubs intercambiarán cadansúas lecturas para o mes de xuño. Veremos que é o que sucede con cada un deles ao ler os diferentes libros. Gustarán tamén? Serán interesantes as xuntanzas e os debates?

Nunhas semanas teremos a solución a este último enigma. Agardamos os vosos comentarios ás lecturas no Blog do club.

No hay comentarios: