As bibliotecas de Redondela dende o exterior |
As Bibliotecas Municipais de Redondela son noticia nestes días polos datos do uso das mesmas no 2015, e que foron contabilizados na elaboración das Estatísticas das bibliotecas públicas galegas que recolle a Rede de Bibliotecas de Galicia.
A Biblioteca Valle-Inclán de Redondela |
Comprácenos así ter constancia que a Biblioteca Municipal Valle-Inclán conforma a sexta biblioteca de titularidade municipal
en prestatarios activos, e a oitava en volume de préstamos ao longo do ano 2015 de entre as 159 de toda Galicia que
están inscritas no Proxecto Meiga.
En total foron 11.683 préstamos os
realizados ao longo do ano pasado na Biblioteca Municipal de Redondela, aos que hai que sumar, por outra banda, os 5.290 préstamos que se contabilizaron no mesmo período na
Axencia de Lectura de Chapela.
A Axencia de Lectura Municipal de Chapela |
Consultar
información, levar en préstamo un libro, CD de música ou un DVD; acceder a Internet, asistir a
contacontos, charlas ou obradoiros, participar nos clubs de lectura ou mesmo estudar son algúns dos motivos que levaron aos
veciños a realizar un total de 41.600 visitas á Biblioteca Municipal de
Redondela durante o pasado ano, o que as convirte no servizo que máis público congrega en
Redondela.
Un servizo que conta con 6.247 socios
inscritos na Biblioteca Valle-Inclán, aos que hai que engadir outros moitos usuarios que non contan con
carné. Pola súa banda, a Axencia de Lectura
Municipal de Chapela sitúase no
segundo lugar de entre as 46 Axencias de Lectura contabilizadas, ao sumar 511 prestatarios activos e, xa dende estes días, máis de 2000 socios no seu total.
Unhas
bibliotecas que durante o ano pasado organizaron numerosas actividades de
animación á lectura: un total de 75 actos en Redondela con máis de 1040
asistentes e 26 actividades en Chapela.
Asemade,
as bibliotecas promoven tamén este servizo a través das novas tecnoloxías, con
245.106 visitas ao blog e un total de 3688 usuarios de internet na Biblioteca
Municipal de Redondela.
Uns datos que nos enchen de ledicia, e que vemos reflexados nestes días en medios como:
- Faro de Vigo,
Queremos agradecer a estes medios a difusión desta información das nosas bibliotecas. Pero sobre todo, congratularnos con todos vós, os usuarios dos nosos servizos, por formar parte destas estatísticas tan positivas e darlle vida ás nosas bibliotecas.
No hay comentarios:
Publicar un comentario