miércoles, 25 de mayo de 2016

"Comechíns" Contacontos e alimentación sá na Biblioteca de Chapela


O vindeiro venres 3 de Xuño, ás 18:30 h., teremos un divertido contacontos na Biblioteca de Chapela... o último antes da chegada do verán.

Nesta ocasión contaremos con Alba Bermúdez, do grupo Triatreros, que nos achegará as historias de Comechíns.

En "Comechíns" os cativos e os non tan cativos coñecerán eses inconvintes relacionados cos alimentos, tan habituais hoxe en día. A través das historias mergullarémonos nun mundo de fantasía no que a verdura, a froita e as legumes serán as protagonistas.

A entrada ao contacontos é libre e gratuíta, e as idades recomendadas son as de nenos/as entre 4 e 10 anos.


O contacontos realízase grazas ao apoio do programa Ler conta moito, da Rede de Bibliotecas de Galicia.

No hay comentarios: