martes, 7 de junio de 2016

Encontro dos clubs de lectura de Redondela coa directora do IMELGA



O próximo venres, 10 de xuño, os clubs de lectura das bibliotecas de Redondela, coordinados por Jerónimo Pomares, recibirán na Biblioteca Municipal de Redondela a Beatriz Otero Abadín, directora do Instituto de Medicina Legal de Galicia (IMELGA). O encontro, que terá lugar ás 20:15 h., virará ao redor do labor forense e o seu reflexo na literatura e na ficción televisiva e cinematográfica. 
O Imelga é un órgano da Administración de xustiza en Galicia, que ten por misión prestarlles asistencia técnica aos tribunais, fiscalías e xulgados en materia de medicina forense e ten a súa sede en Santiago de Compostela.
(Fonte da fotografía, Amtega)
Publicar un comentario