martes, 7 de junio de 2016

Homenaxe a un dicionario


Redondela  rendeu onte unha  homenaxe, na que as bibliotecas tivemos o orgullo de colaborar,  a  Xosé Luis Franco Grande, autor do "Diccionario galego-castelán" da Editorial Galaxia publicado no ano 1968.
 O acto comezou coas intervencións, no Multiusos da Xunqueira, de diversas personalidades; así,  se contou coa presenza do secretario xeral de Política Lingüística, Valentín García; o presidente da Real Academia Galega Xesús Alonso Montero; a catedrática da Universidade de Vigo, María Camiño Noia;  Xosé Leal deputado de Cultura; e o concelleiro de Cultura do concello de Redondela, Xabier Alonso. 

   Hai que destacar a participación dos alumnos de bacharelato do IES Floriani, que portaban palabras galegas que  fixeron visibles durante o descubrimento  da placa,  xunto aos seus profesores Xemma Fernández, Pilar Dios (bibliotecaria do IES Floriani) e Moncho Soler. José Barros, un dos alumnos, leu unha composición propia sobre o que é un dicionario mentres que Iván Álvarez recitou un poema de X. L. Franco Grande.

Foi especialmente emotiva a intervención de Andrea Pousa e Bruxo Queiman da que podedes ver un anaco nesta ligazón

Fragmento da intervención de Xosé Luís Franco Grande, pica aquí e aquí 
Fragmento da intervención de María Camiño Noia, aquí
Fragmento da intervención de Valentín García, aquí
Fragmento da intervención de Xabier Alonso, aquí

    Accedede aquí a todas as fotografías do evento

Xesús Alonso Montero, Valentín García, María Camiño Noia,
Javier Alonso, Xosé Luis Franco Grande e Xosé Leal

Valentín García, Secretario Xeral de Política Lingüística,
 X. L. Franco Grande e Javier Alonso, Concelleiro de Cultura

José Barros e Iván Álvarez do IES Floriani 

Andrea Pousa e Bruxo Queiman 


No hay comentarios: