martes, 12 de julio de 2016

Agustín Fernández Paz... descanse para sempre (1947-2016)

Agustín Fernández Paz [AELG]
Esta mañá, por volta das 07.00 h., finou en Vigo o escritor Agustín Fernández Paz, logo dunha longa enfermidade.

O escritor vilalbés, é probablemente o autor máis querido da nosa literatura, o máis traducido a outras linguas e un dos máis vendidos. 

Autor dunha extensa obra, 67 libros, maiormente no ámbito da literatura infantil e xuvenil, Fernández Paz tamén ten publicado ensaio e libros divulgativos, especialmente relativos ao mundo da lingua e da normalización, no que estaba moi implicado. Ademáis, os seus libros obtiveron numerosos premios, tanto a nivel galego como nacional ou internacional.

Nas bibliotecas municipais de Redondela, que tivemos a oportunidade de coñecelo e de gozar, máis aló do seu discurso, da súa calidade humana, non o esquecemos.


Elena Becerra xunto con Agustín Fernández Paz
no Congreso Internacional do IBBY celebrado en Santiago en 2010 
A literatura infantil e xuvenil e as letras galegas fican así de loito por esta perda. Vaise todo un referente da nosa lingua e das nosas letras, pero que sempre estará presente, a través da súa obra, para as xeracións vindeiras.

Ampliar a nova en Sermos Galiza.

Publicar un comentario