jueves, 14 de julio de 2016

Contacontos dos animais da selva na Biblioteca de Chapela


O vindeiro XOVES 21 de Xullo, ás 12:00 h., na Biblioteca de Chapela celebraremos o Contacontos dos animáis da selva.

Será un contacontos no que participaremos cos rapaces e rapazas que están no campamento de Verán con Simona no Multiúsos de Chapela

Como quedan prazas libres, abrimos a inscrición á rapazada, de entre 5 e 10 anos que se quera achegar, este día, e que deberá reservar praza na biblioteca:
 - Mandándonos un correo a: bibliotecachapela@redondela.es
 - Chamando, en horario de 9:00 a 14:00 h., ao tlf. 986-401-561.



O contacontos relaciónase coa nosa proposta de lecturas estivais, que este ano se centra nos animáis da selva
Despois do contacontos poderedes achegarvos ás nosas selváticas propostas e levar as lecturas para a casa. 


A nosa proposta de libros dos animais da selva

E lembrade tamén que a biblioteca de Chapela pecha en Agosto, polo que durante este mes de xullo poderedes ampliar o préstamo de libros no noso centro. Ata un total de 12 libros + 6 documentos multimedia poderedes levar cada socio, e que vos quedarán prestadas ata a primeira semana de setembro.

NOTA: Durante o contacontos (dende as 12:00 e ata as 13:30 h.) non haberá servizo de préstamo nin acceso aos equipos informáticos na Biblioteca de Chapela.
Publicar un comentario