lunes, 18 de julio de 2016

"A casa dos ratos", exposición no Multiúsos de Redondela


O  Multiusos da Xunqueira de Redondela, acolle, dentro do espazo Sitio distinto: Xanela cultural, a mostra bibliográfica “La Casa de los Ratones” que vira ao redor do álbum ilustrado do mesmo nome da holandesa  Karina Schaapman e editado por Blackie Books.


A artista  Karina Schaapman dedicou anos a construir e decorar La Casa de los  Ratones, escenario deste álbum infantil tan especial. A vivenda, que se pode ver na Biblioteca Central de Amsterdam, está fabricada con caixas e cartón pedra, con teas antigas e toda clase de materiais reciclados (mistos, botóns, tapóns de botella...). Ten máis de cen habitacións, corredores e espazos exteriores para explorar e un tamaño de dous metros de longo por tres de alto. Os ratiños que a habitan tamén foron deseñados e creados por Karina. Os contos de Sam e Julia foron xurdindo mentres Karina construía a casa. 
A exposición poderase contemplar  desde o 15 de xullo ata o 30 de setembro.

Organizan: Fundación Filomena Rivero Alonso e Bibliotecas Municipais de Redondela
Publicar un comentario