jueves, 27 de octubre de 2016

28 de outubro: 150 anos cumpre Valle-Inclán

 Mañá, 28 de outubro, conmemórase o 150 aniversario do nacemento de D. Ramón María del Valle-Inclán (Vilanova de Arousa, 28 de outubro de 1866) . A Biblioteca Municipal de Redondela, ten a honra de levar o seu nome.
 
  Como unha forma de achegar a todos a figura do autor vilanovés, mañá, se vos achegades ao concello, atoparédesvos, á entrada do mesmo, cunha pequena mostra bibliográfica de "Cuadrante", a revista cultural da "Asociación de Amigos de Valle-Inclán", que poderedes ollar e levar para casa como agasallo.
Moitas grazas á Casa Museo Valle-Inclán en Vilanova de Arousa pola súa colaboración!

Moi feliz cumpreanos, Don Ramón, de todos os seus amigos de Redondela!

No hay comentarios: