lunes, 31 de octubre de 2016

150 anos de Valle-Inclán en Redondela

 A Concellería de Cultura e as Bibliotecas Municipais de Redondela renderon homenaxe, este pasado venres, 28 de outubro,  ao escritor vilanovés D. Ramón María del Valle-Inclán, de quen toma o nome a Biblioteca Pública do municipio, no 150 aniversario do seu nacemento.
A concelleira de Cultura, Teresa París Blanco, e o persoal das bibliotecas redondelás, depositaron unha ofrenda floral aos pés do busto do insigne autor, que preside a praza Figueroa.


   Aquí, todas as fotografías dos actos

Como unha forma de achegar a todos a figura do autor vilanovés, na entrada do concello situouse unha pequena mostra bibliográfica de "Cuadrante", a revista cultural da "Asociación de Amigos de Valle-Inclán", que se podía  ollar e levar para casa como agasallo (Moitas grazas á Casa Museo Valle-Inclán en Vilanova de Arousa pola súa colaboración)
Pero estos,  non foron os únicos actos realizados en conmemoración desta data. A visita dos membros do club de lectura infantil á Casa-Museo Valle-Inclán en Vilanova de Arousa e o obradoiro infantil "Os lentes de Valle", que contou coa colaboración da Fundación Filomena Rivero Alonso, e no que un grupo de nenos agasallaron a Valle-Inclán cunhas lentes para a súa representación escultórica, completaron os actos de recoñecemento ao mesmo neste ano

No hay comentarios: