viernes, 7 de octubre de 2016

Contos con Miró: contacontos e obradoiro artístico en Chapela para o Día das bibliotecas


O luns 24 de Outubro é o Día das Bibliotecas. No noso centro de Chapela festexarémolo "ao grande" cun fantástico obradoiro que nos traen os xeniais contacontos e titiriteiros Tarabelos.

Coñeceremos a arte de Joan Miró a través dos contos e a participación nun obradoiro.

Luns 24 de Outubro, ás 18:30 h.

A actividade está indicada para a rapazada a partir de 6 anos.

A actividade é gratuíta, pero é preciso inscribirse previamente na biblioteca.
Poderedes facelo presencialmente ou:
- Por teléfono, no 986-454-226
- Por correo electrónico: bibliotecachapela@redondela.es 


O contacontos realízase grazas ao apoio do programa Ler conta moito, da Rede de Bibliotecas de Galicia.



No hay comentarios: