"A cabra Micaela e a súa pastora “están como unha cabra”. As alforxas de
Micaela, en lugar de queixo e pan, levan contos e contiños todos
toliños de atar. Son historias sen sentido que nos fan sorrir, e nos
enchen de alegrías e de ganas de vivir. Ven pastorear a risa e xogar
coas palabras."
Como membro do colectivo Dingolondango, ao longo de sete anos, a súa actividade principal se centrou na realización de obradoiros e de contacontos dirixidos a rapaces/as, e de cursos de formación para monitores de tempo de lecer, profesores e bibliotecarios.
Na actualidade, Carmen Domech forma parte da compañía de títeres CACHIRULO, na que realiza funcións de manipulación, construción de monicreques e deseño.
Con Carmen Domech de Títeres Cachirulo
Xoves 20 de outubro, ás 18:00 h.
Na Sala Infantil da Biblioteca Municipal de Redondela
Para nenos a partir de 3 anos. Entrada libre e de balde
Carmen Domech comezou a súa andaina no ámbito da literatura infantil e da animación á lectura en 1987 como membro fundador e activo do Seminario de Animación a la Lectura y Literatura Infantil de la Escuela de Animación de la C.A.M., participando na organización de ciclos de conferencias e cursos sobre literatura infantil e animación á lectura.Como membro do colectivo Dingolondango, ao longo de sete anos, a súa actividade principal se centrou na realización de obradoiros e de contacontos dirixidos a rapaces/as, e de cursos de formación para monitores de tempo de lecer, profesores e bibliotecarios.
Na actualidade, Carmen Domech forma parte da compañía de títeres CACHIRULO, na que realiza funcións de manipulación, construción de monicreques e deseño.
O contacontos realízase grazas ao apoio do programa Ler conta moito, da Rede de Bibliotecas de Galicia.
No hay comentarios:
Publicar un comentario