O club infantil de lectura da biblioteca de Chapela, na edición 2016-2017, está a piques de comezar!
A unha semana de que abramos a primeira sesión, xa temos completas as prazas dispoñibles.
E todo porque nestes días Leo Leíño, a coordinadora do mesmo, e mais Mª José, a nosa compañeira de Chapela, se desprazaron ata os centros de ensino da parroquia, dándoo a coñecer entre os rapaces e rapazas da contorna.
- Visitaron o CEIP de Laredo, no barrio do mesmo nome, e xunto ao paseo marítimo de Chapela:
- Tamén se achegaron ao CEIP Alexandre Bóveda, no barrio de Angorén:
- E xa por último, pero non menos importante, ao CEIP Igrexa, no barrio chapelán do mesmo nome:
Moitas grazas aos centros de ensino de Chapela por ternos aberto as súas portas.
Pero sobreo todo, querémoslle achegar a Leo Leíño o noso agradecemento por esta xira tan pequena pero tan especial para o club.
No hay comentarios:
Publicar un comentario