miércoles, 30 de noviembre de 2016

"Cama e conto" contos, xogos e crítica literaria entre a rapazada do club de lectura

Club infantil de lectura - "Cama e conto", Novembro 2016

O club infantil de lectura xuntouse o pasado mércores para debater sobre o libro "Cama e conto" de Gonzalo Moure.


Ademáis do debate e da comprensión lectora, a sesión deu para moitas actividades, como contar contos, facer xogos de grupo, levar algún que outro susto e aprender xuntos unha canción "ritual" do club.

Unha xuntanza para a diversión e para coñecer novos amigos a través da lectura, e ademáis unha oportunidade de gozar dunha novela que tivo moi boa acollida entre os participantes.

Pronto veremos un pequeno resumo das súas impresións na nosa canle de Youtube.

Agardamos de novo aos rapaces xa nas vésperas de Nadal, o mércores 21 de Decembro, ás 6:30 P.m.

No hay comentarios: