Edgar Allan Poe, polo ilustrador español David García Forés |
Contos terroríficos, relatos autobiográficos e narracións xocosas. Historias de haréns de Marrocos, de balnearios centroeuropeos, ou tamén de palacios malditos, alfombras aterradoras e ata paisaxes outonizos apocalípticos.
... Todo esto, xunto pero non revolto, atopámolo nos clubs de lectura de Redondela e mais de Chapela, que neste mes, ademáis das súas xuntanzas habituais, celebraron unha reunión extraordinaria adicada aos...
Moi apetecible para estas datas, non sí? Poe, Ligotti ou Roald Dahl foron algúns dos convidados a esta peculiar xuntanza no Multiúsos de Chapela nun misterioso e arrepiante luns de novembro.
Ligotti, segundo ilustración de Chris Mars |
Despois da sesión os pulsos do noso corazón volveron ao seu ritmo habitual. Prometemos que os membros do club están todos ben: sans e salvos. Como proba podedes velos aquí, en plena forma, unha semana despois, para comentar "Sueños en el umbral", da marroquí Fatema Mernissi...
Unha narración completamente diferente do anterior, pero que recibiu boas críticas por parte dos nosos asistentes.
Grazas a todos por participar!
As próximas sesións serán no mes do Nadal.
Grazas a todos por participar!
As próximas sesións serán no mes do Nadal.
- Venres 16, ás 20:00 h., a xuntanza do club de Redondela.
- Luns 19, ás 20:00 h., a xuntanza do club de Chapela.
No hay comentarios:
Publicar un comentario