jueves, 17 de noviembre de 2016

Charla- coloquio para conmemorar o 400 aniversario da morte de Miguel de Cervantes

   As Bibliotecas de Redondela e a Asociación de Amigos das mesmas, organizan  unha charla-coloquio que imparte Alexia D´Otras Bravo baixo o lema “Ficción, parodia e recreación en Don Quijote de la Mancha”. 
    Esta conferencia enmárcase dentro das actividades que se  levan a cabo con motivo do 400 aniversario da morte do autor de El Quijote e ten como tema central os episodios da corte dos duques e o aspecto teatral na segunda parte de Don Quijote
Añadir leyenda
 

Alexia Dotras Bravo, doutora europea en Filoloxía Española pola Universidade de Vigo, cunha tese sobre Los trabajos cervantinos de Salvador de Madariaga, Premio de investigación nacional de Estudios Cervantinos de la Sociedad Cervantina de Madrid e profesora adxunta na Escola Superior de Educação de Bragança, publicou diversos artigos en revistas especializadas, participa en congresos nacionais e internacionais desde 2000 e editou varios libros na área da literatura cervantina, a literatura siglodorista, a literatura infantil, as relacións literarias e culturais entre Portugal e España -e Galicia e Portugal-, tamén  ensina  literatura para estranxeiros, ademais de especializarse na obra de Salvador de Madariaga, de tipo cervantino e tamén literario ficcional.
Alexia D´Otras, primeira coordinadora dos nosos Clubs de Lectura para adultos



  •  Animámosvos  a que leades os capítulos XXX a XLIII da segunda parte de Don Quijote, para aproveitar moito máis este interesantísimo coloquio.
  • Tamén poñemos á vosa disposición o capítulo «Teatro como burla: el poder de los duques en el Quijote, II» neste enlace.
A actividade terá lugar na Casa da Cultura de Redondela (Praza Figueroa), o venres 2 de decembro, ás 20:30 h.
 A entrada é libre e de balde.

No hay comentarios: