A narradora Charo Pita animou, este pasado luns, no Multiúsos da Xunqueira
de Redondela, unha sesión de contacontos dirixida a un público de máis de cen
persoas, composto por alumnos de 1º de bacharelato do IES Mendiño e asociados
de Aspavi (asociación de pais de persoas con discapacidade intelectual).
A función, complemento da exposición bibliográfica dedicada ao creador americano Edward Gorey que actualmente se pode visitar no
devandito Multiúsos , tivo como eixo unha serie de inquietantes relatos de
carácter sobrenatural procedentes da tradición oral europea e historias de propia creación de Charo Pita.
Todos o pasamos de medo (e tamén rimos e pensamos) con Brian O´Brien, coa Mulata de Córdoba e moitos outros contos.
Todos o pasamos de medo (e tamén rimos e pensamos) con Brian O´Brien, coa Mulata de Córdoba e moitos outros contos.
A actividade foi organizada pola Concellería de Cultura coa colaboración
das Bibliotecas de Redondela.
Previamente a esta actividade, os participantes na mesma tiveron a oportunidade de coñecer máis de preto ao artista a través do traballo e lectura dos seus álbumes ilustrados, facilitados pola editorial Libros del Zorro Rojo para tal efecto e para lectura de todos aqueles que se interesasen polo mesmo. Así, na sala xeral da Biblioteca Municipal de Redondela, os usuarios da mesma teñen a posibilidade de lelos na sala e gozar das súas historias e ilustracións.
Aquí, podedes acceder ao traballo e exposición desenvolvida polos alumnos do IES Mendiño no seu centro-
Recuncho de lectura "goreyano" na Biblioteca Municipal |
Aquí, podedes acceder ao traballo e exposición desenvolvida polos alumnos do IES Mendiño no seu centro-
No hay comentarios:
Publicar un comentario