martes, 22 de noviembre de 2016

Primeiro vídeo do noso club infantil de lectura en Youtube

O noso club infantil de lectura convertirase este ano nun Club 2.0.


Para iso, os seus compoñentes gravarán vídeos nas súas sesións; montaxes que subiremos á rede e que os converterán en auténticos Booktubers, recomendando libros e lecturas dende as bibliotecas de Redondela cara o Mundo.

E así comezamos no noso primeiro encontro. Este vídeo gravámolo na xuntanza do mes de Outubro:


Aínda nos queda un pouco para mellorar, pero é un comezo, non sí? 

O vídeo facémolo coa rapazada do club, e axúdanos a editalo Iago Garrido, un rapaz de 11 anos que lle está collendo moito gusto a editar contido en vídeo, e ao que lle agracedemos moito o seu tempo, o seu apoio e todo o que nos poderá ensinar.

Mañá, mércores 23 de novembro, teremos a segunda xuntanza do club, comentando o libro:"Cama y cuento", de Gonzalo Moure. 

Agardámosvos!

No hay comentarios: