Esta tarde gozamos na biblioteca de Chapela dun espectáculo excepcional.
A contadora asturiana Olga Corvo, convertida esta tarde nunha trasna do Nadal, achegouse ao noso centro para traernos a maxia dos contos con cheiro a turrón e polvoróns.
Pais, nais e cativos gozaron co espectáculo de contos, que nos evocou a sorpresa dos agasallos, o amor compartido, a impaciente agarda dos Reis Meigos e o arrecendo da emoción e dos sorrisos.
Olga Cuervo, posa xunto con Leolo e mais con Gato coas nosas Novidades de Nadal para o público infantil |
A actividade, xunto co contacontos realizado na Biblioteca de Redondela,
enmárcase dentro da programación de Nadal das bibliotecas municipais.
No hay comentarios:
Publicar un comentario