miércoles, 28 de diciembre de 2016

Doazón de libros para nenos con diversidade funcional

A Fundación Filomena Rivero Alonso doa unha colección de libros para nenos con diversidade funcional á Biblioteca Municipal de Redondela
 
Por primeira vez,  a Biblioteca Municipal de Redondela contará entre  os seus fondos cunha colección destinada a nenos con diversidade funcional grazas á doazón realizada pola Fundación Filomena Rivero Alonso a través dos seus representantes, Gracia Regojo Bacardí, presidenta da Fundación e Telmo Crespo Tojeiro, secretario da mesma.
 
Esta actuación englóbase dentro do convenio de colaboración entre a citada entidade e o concello de Redondela,  complementando o labor da Fundación no campo da integración social.
 
Na fotografía, a presidenta e o secretario  da Fundación, a concelleira de Cultura e a directora das bibliotecas

No hay comentarios: