martes, 27 de diciembre de 2016

O Servizo de Normalización Lingüística e as Bibliotecas, participan na recollida de agasallos

O Servizo de Normalización Lingüística e as Bibliotecas de Redondela,  participan na recollida de agasallos e xoguetes,  promovida pola Concellería de Servizos Sociais,  cun cento de exemplares  de 10 títulos de literatura infantil en lingua galega, que permitirán achegar a nosa lingua á rapazada redondelá e contribuír a que poidan celebrar tamén a festa dos Reis Magos no seu fogar.
A recollida, que remata o 2 de xaneiro, faise no multiúsos da Xunqueira en horario de mañá e tarde, e no de Chapela, só en horario de tarde.
Os xoguetes que se entreguen deben estar en bo estado e serán repartidos entre os nenos e nenas das familias usuarias dos servizos sociais do concello.

No hay comentarios: