Que marabilloso modo de comezar o traballo no día de hoxe! Recibir un paquete co agasallo dun libro por parte do seu autor é sempre un gozada pero atoparse cunha dedicatoria do mesmo como esta sobe o nivel de alegría do día "ata o infinito e máis aló". Moitísimas grazas Marcos López Concepción por este fermosísimo detalle! A que aquí escribe se vai a ler o libro a primeira e é que con este impactante título xa temos avidez pola súa lectura Queremos aproveitar este momento para dar as grazas aos compañeiros das fins de semana, grazas aos cales é posible que a sala de estudo permaneza aberta. Grazas aos que estivestes e estades! Dedicatoria: “Esta Pituxa é para a biblio de Redondela onde puiden escribir moitas páxinas deste libriño na sala de estudos que manteñen aberta na fin de semana. Grazas!” Marcos 10-1-17 #asnosasbibliotecas Una foto publicada por Bibliotecas P. M. Redondela (@bibliotecas_de_redondela) el 19 de Ene de 2017 a la(s) 3:06 PST
Publicar un comentario
No hay comentarios:
Publicar un comentario