As bibliotecas municipais de Redondela celebramos o 180 aniversario do nacemento de Rosalía de Castro con dous contacontos que achegan ao público
infantil a figura da nosa escritora.
Este venres 10 de febreiro na biblioteca de Chapela disfrutaremos de “Rosaliando”, con María José Martínez e o próximo venres, 17 de febreiro, será Marisa Irimia na biblioteca de Redondela coa que gozaremos no seu espectáculo "Contando con Rosalía".
Será ás 18:30 h. na sala infantil da biblioteca de Redondela, para nenos a partir de 5 anos.
Entrada libre e de balde
Será ás 18:30 h. na sala infantil da biblioteca de Redondela, para nenos a partir de 5 anos.
Entrada libre e de balde
Moitísimas grazas ao Obradoiro Emprega Xoven polos fermosísimos carteis destes contacontos
e a Fernando Vicente pola súa amabilidade ao permitirnos utilizar a
súa deliciosa ilustración da escritora.
No hay comentarios:
Publicar un comentario