As Bibliotecas municipais de Redondela estamos de celebración. O 180 aniversario de Rosalía de Castro está a ter un protagonismo especial nas actividades que as bibliotecas ofrecemos este mes de Febreiro.
Este venres, contacontos "Rosaliando", na Biblioteca de Chapela, con Mª José Martínez, no que algúns aspectos da biografía da nosa homenaxeada percorreron un encontro cheo de historias moi participativas.
O vindeiro venres 17 teremos a proposta "Contando con Rosalía", na Biblioteca de Chapela, con Marisa Irimia.
Damos as grazas a rapaces e adultos que hoxe se achegaron á biblioteca de Chapela a participar do noso contacontos. Moitos aproveitaron para levar libros de Rosalía e outros poemas.
Contacontos e moitos libros para achegarse a Rosalía de Castro |
No hay comentarios:
Publicar un comentario