Rosa Encinas, presentada por David Faro, dos Amigos das Bibliotecas, ao comezar a actividade |
Este venres o temporal que percorreu a nosa vila non foi freo para que un público numeroso se achegara á Casa da Cultura de Redondela para coñecer máis sobre o complexo mundo das emocións. Rosa Encinas, membro da Asociación de Amigos das Bibliotecas Municipais de Redondela, conduciunos por unha materia suxestiva e fascinante, cuxo coñecemento ven de acadar moitos avances nos últimos anos.
A través de autores como Howard Gardner, Daniel Goleman ou Rafael Bisquerra, descubriunos o mapa do Universo das emocións e amosounos unha interesante bibliografía para achegar as competencias emocionais ás idades máis temperás.
Rosa Encinas achéganos algúns libros recomendados |
MÁIS NO BLOG DOS AMIGOS DAS BIBLIOTECAS:
No hay comentarios:
Publicar un comentario