jueves, 2 de febrero de 2017

"Rosaliando" contacontos na Biblioteca de Chapela


O venres 10 de Febreiro, ás 18:30 h. teremos un contacontos na biblioteca de Chapela.

"Rosaliando" é o seu nome, porque entre narracións, contos, fábulas e lendas, a poesía de Rosalía de Castro asomará de cando en vez para que gocemos do seu poder evocador.

A contadora Mª José Martínez voltará á biblioteca de Chapela para traernos estas historias.

As bibliotecas municipais conmemoramos o 180 aniversario do nacemento de Rosalía de Castro.

O venres 17 de Febreiro, ás 18:30 h., un novo contacontos adicado á nosa histórica escritora terá lugar na Biblioteca de Redondela. "Contando con Rosalía", da man de Marisa Irimia.

No hay comentarios: