martes, 28 de marzo de 2017

Achégase o Día do Libro Infantil... e as Bibliotecas de Redondela participamos na súa celebración


2 DE ABRIL - DÍA INTERNACIONAL DO LIBRO INFANTIL E XUVENIL

Desde 1967, o 2 de abril, coincidindo coa data do nacemento do escritor danés Hans Christian Andersen, o IBBY promove a celebración do Día Internacional do Libro Infantil co fin de promocionar os bos libros infantís e xuvenís e a lectura entre os máis novos.


Cada ano unha Sección Nacional do IBBY ten a oportunidade de ser a patrocinadora internacional do Día do Libro Infantil. Esa Sección elixe un tema e selecciona a un autor ou autora importante do país co fin de que escriba unha mensaxe para os nenos e nenas do mundo, e a un recoñecido ilustrador ou ilustradora para que deseñe un cartel.

  • Este ano tocoulle a quenda á sección IBBY-Rusia, sendo o poeta ruso Sergey Makhotin o encargado de elaborar o manifesto, e o ilustrador Mikhail Fedorow o encargado de deseñar o cartel que aquí vedes.
En Galicia, GÁLIX, a Asociación Galega para o Libro Infantil e Xuvenil, ven de traducir o documento, encargada a tarefa á tradutora Sabela González. Podedes consultalo AQUÍ.

Pola súa parte, a OEPLI, Organización Española para o Libro Infantil e Xuvenil, propón que as bibliotecas, librarías  e outras entidades culturais de toda España realicen actividades para conmemorar ese día.

As bibliotecas municipais de Redondela estamos aquí representadas!
Publicar un comentario