jueves, 23 de marzo de 2017

"O curral de Cocoricó" Contacontos para bebés, con Charo Pita, na Biblioteca de Chapela


Os máis cativos da nosa contorna, e as súas familias, teñen unha cita na Biblioteca de Chapela para festexar o Día do Libro Infantil e Xuvenil

O Luns 3 de Abril, ás 18:00 h., a benquerida Charo Pita achégase á nosa axencia de lectura para contarnos as historias de "O curral de Cocoricó".

No país de Cocoricoricó pasan cousas moi estrañas. Alguén roubou o arco da vella e ningún animal consegue atopalo. Pero as pitas e os pitiños do curral de Cocoricoricó sairán na súa busca e non pararán ata atopalo.


Para participar neste contacontos é preciso inscribirse. Podedes facelo:
- Na Biblioteca de Chapela, presencialmente.
- Por teléfono, no 986-454-226, de luns a xoves, en horario de 16:30 a 21:00 h.
- No enderezo electrónico: bibliotecachapela@redondela.es, indicando nome, idade da crianza e deixando un teléfono de contacto.

A actividade desenvólvese grazas ao programa "Ler conta moito" da Rede de Bibliotecas de Galicia.
Publicar un comentario