jueves, 16 de marzo de 2017

"Lobo bobo", contacontos na Biblioteca de Chapela


O martes 28 de marzo, ás 18:30 h., teremos de novo un contacontos na Biblioteca de Chapela

A compañía Elefante Elegante achéganos o seu espectáculo de contos: "Lobo Bobo".

Que pasaría se o lobo da Carrapuchiña se fixese vexetariano?
Que acontecería se a madrastra de Branca de Neve se convertise nun dos tres porquiños cada vez que se mira no espello?
A resposta a estas e outras preguntas poderémolas descubrir no novo espectáculo de Elefante Elegante, misturando os contos de sempre para crear unha nova historia na que conviven o cómico e o poético co teatro xestual e a música.

O contacontos está dirixido para rapazada entre 3 e 7 anos.
Entrada libre, ata completar aforo.

A actividade desenvólvese grazas ao programa "Ler conta moito" da Rede de Bibliotecas de Galicia.


No hay comentarios: