jueves, 16 de marzo de 2017

Palabras para Rosalía

 Camelias a Rosalía nas bibliotecas de Redondela e de Chapela, no pasado mes de febreiro.

 No pasado mes de febreiro as bibliotecas municipais de Redondela participamos nos actos de homenaxe ao 180º aniversario de Rosalía de Castro realizados no noso concello.

A proposta do equipo de Normalización Lingüística, nas bibliotecas dispuxemos camelias para que rapaces e adultos llelas adicaran á nosa escritora e para que, en cada unha delas, indicaran a súa palabra favorita en lingua galega.

Pois ben, o departamento de Normalización Lingüística ven de analisar as palabras escollidas por parte dos nosos/as usuarios/as.

82 foron o total dos participantes na actividade, xuntando as camelias ofrecidas nas bibliotecas de Redondela e mais de Chapela.

 Vanessa, na Biblioteca de Chapela e a contadora Marisa Irimia colocan as súas camelias na honra de Rosalía.

A palabra que máis apareceu entre as camelias adicadas, a palabra favorita dos nosos usuarios/as foi: bolboreta

E seguido dela, foron outras palabras: animais”, “choiva”, “morriña”, “amor”, “beizo”, “ledicia”, “quérote”, “axóuxere”, “parrulo”, “auga” e “bico/biquiño.

Non son todas fermosas?

O máis interesante é que vos acheguedes á análise que fixeron sobre estas palabras no departamento de Normalización. Védeo NESTA ENLACE.
Publicar un comentario en la entrada