miércoles, 29 de marzo de 2017

Os lobos máis divertidos invaden a Biblioteca de Chapela da man de Elefante Elegante

Contacontos "Lobo bobo"

Cunha acollida espectacular por parte de cativos e adultos estreouse a compañía Elefante Elegante nas bibliotecas redondelás.

"Lobo bobo" achegounos contos de lobos, listos e bobos, nun xogo disparatado e enormemente divertido de contos clásicos que se misturan e transforman.


Fantástica actuación desta compañía, que cativou a un público entregado e disposto a gozar das historias, por moi salvaxes que estas sexan.

Gonçalo achégase á proposta de libros sobre lobos que Leolo e mais Gato prepararon para o contacontos


A actividade tivo lugar grazas ao programa "Ler conta moito" da Rede de Bibliotecas de Galicia.

No hay comentarios: