viernes, 31 de marzo de 2017

Os nosos compañeiros das bibliotecas de Redondela no Salón do Libro de Pontevedra


Orbil, mascota do Salón, recibiu a todos os bibliotecarios e participantes no obradoiro
Este domingo, o Salón do Libro Infantil e Xuvenil de Pontevedra chega ao seu fin ata a vindeira edición.

A deste ano foi unha XVIII edición adicada a "O mundo que queremos" e que ofreceu , animación, exposicións, teatro e moitos moitos libros infantiles e xuveniles para a rapazada e para os que non somos tan cativos.

Pero tamén ofrecían unha actividade para bibliotecarios, organizada pola asociación BAMAD Galicia, e nela puderon participar os nosos compañeiros Cote e Mª José.

Co título: "Máis alá dos estantes", o obradoiro estaba destinado a persoal de bibliotecas, e impartido pola coñecida actriz e contadora Bea Campos. Nel participaron, xunto cos nosos compañeiros, colegas de toda Galicia, e tamén profesores, músicos, pais, nais...


Acompañounos tamén outro magnífico redondelán, Rafa, animado a aprender sobre a arte de contar contos.

Dixéronnos que o pasaron moi ben, que ata contaron contos.... e que lles soubo a pouco!
Os participantes no obradoiro, xunto con Bea Campos e algúns dos libros que protagonizaron a sesión

Publicar un comentario